Rapaces de Moeche e Cedeira participan no foro da infancia de Unicef, no Parlamento galego
CEDEIRA
CEDEIRA
Acodiron os consellos locais da infancia e a adolescencia destes dous concellos e doutros nove de toda Galicia
29 nov 2023 . Actualizado a las 05:00 h.A rapazada que forma parte dos consellos locais da infancia e a adolescencia de Moeche e Cedeira participaron onte no undécimo Foro da Infancia Unicef, no Parlamento de Galicia, xunto cos representantes doutros nove municipios que contan con este instrumento.
Anxo Moreda, do CLIA de Cedeira, foi quen abriu a quenda de intervencións, «subliñando a importancia de que nenos, nenas e mocidade conten á hora de deseñar políticas públicas e poidan opinar sobre os cambios sociais», dado que a eles «tamén» lles afectan, remarcou.
Moeche celebra que Unicef España lle acabe de renovar o recoñecemento de Concello Amigo da Infancia, que conseguiu hai cinco anos en Oviedo e que premia «o traballo colectivo iniciado no 2016».