O colectivo LGTBIQ+ Mestas, de Cedeira, lanza una campaña de captación de «socies»

LA VOZ CEDEIRA

CEDEIRA

Actividade do colectivo Mestas, en Cedeira
Actividade do colectivo Mestas, en Cedeira CEDIDA

A asociación facilita unha dirección de correo electrónico e un número de WhatsApp para informar a todas as persoas interesadas

16 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

«Eu déixome enredar por Mestas» é o eslogan da campaña de captación de socios que acaba de lanzar o colectivo LGTBIQ+ Mestas, constituído hai pouco en Cedeira. Pretende «crear comunidade, ser rede» e anima a sumarse.

Hai dúas tarifas diferentes para dous tipos de integrantes: «socies» prata, 25 euros, «socies» ouro, que deberán aboar 40 euros ao ano. Informan en asociacionmestascedeira@gmail.com ou no WhatsApp do 669 545 319. 

Para darse de alta hai que cubrir o formulario elaborado pola asociación, que pide a colaboración de todas as personas interesadas para integrarse neste proxecto.