A rapa das bestas da Capelada, unha tradición milenaria que revive esta fin de semana
CEDEIRA

Entre o xoves e o venres xuntarán os cabalos e as eguas, o sábado desparasitaranos e o domingo será o espectáculo aberto ao público
27 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Os besteiros sairán ao monte para xuntar os cabalos e as eguas que se poderán ver no curro o domingo. O traballo comezará xa o xoves e o venres, e o sábado pola tarde farase reconto, ademais de rexistrar e desparasitar os animais. E o domingo será a gran baixada e o peche do curro. É unha tradición milenaria que revive cada ano, desde hai xa 51, nos montes da serra da Capelada, en Cedeira
Tamén haberá sesión vermú e pola tarde disputaranse as carreiras de galope, con tres premios, de 75, 50 e 30 euros, e máis un trofeo, para exemplares de máis e menos de 1,50 metros. O prazo de inscrición remata ás doce do mediodía do domingo.
No recinto da rapa das bestas instalarase unha carpa con comida e bebida, e tamén xogos para os máis pequenos. Da organización ocúpanse a Asociación San Andrés de Teixido Eventos e o Concello de Cedeira; e colaboran Deputación, Xunta e Eufundevivo.