
O actor Federico Pérez ofrece mañá un espectáculo
08 jul 2025 . Actualizado a las 19:12 h.Continúa o ciclo organizado pola Concellería de Cultura de Fene para conmemorar o Día da Patria Galega. A xornada de mañá, 9 de xullo, estará adicada ao humor co monologuista e actor Federico Pérez. O espectáculo, titulado Xa que o sabes, voucho contar (e cantar), comezará ás 21.30 horas na praza do alcalde Ramón J. Souto González con entrada gratuíta.
As entradas se poden recoller o mesmo día de 19.30 a 20.30 horas na propia praza, ata fin de existencias (aforo limitado). A apertura de portas é ás 21.00 horas, nunha función programada coa colaboración da Rede Cultural da Deputación.
E o xoves 10 de xullo, ás 20 horas, terá lugar no Parque Liñal do Río Cádavo a lectura da declaración institucional polo Día da Patria, redactada este ano pola fenesa Gisela Sanmartín, directora do grupo de cantareiras Xirifeiras.