O Concello xa fixo efectivo o ingreso dos 150 euros que lle corresponden a cada familia beneficiaria
19 nov 2024 . Actualizado a las 05:00 h.Todas as solicitudes de axudas municipais, en Moeche, para o pagamento da factura da luz foron aprobadas. Trátase dun abono único de 150 euros ás familias que cumprían os requisitos de renda (ademais de ser beneficiarias do bono social eléctrico desde hai polo menos tres meses).
O Concello fixo efectivo o ingreso na última semana. A axuda está cofinanciada polas achegas do POS Social da Deputación da Coruña.
A alcaldesa, Beatriz Bascoy, destaca que «o Concello, desde o departamento de Benestar Social, simplificou ao máximo a tramitación e ofreceu a posibilidade de ter o apoio dos Servizos Sociais para orientar ás familias na tramitación».