
O orzamento ronda os 40.000 euros, financiados polo POS+ da Deputación de 2024
15 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O Concello de Moeche adxudicou as obras para construír un tramo de beirarrúa no lugar das Sete Pontes, en Abade, na marxe da estrada AC-862, por 39.984 euros.
O orzamento está financiados con fondos do plan POS+ da Deputación Provincial da Coruña correspondente ao exercicio de 2024.
Executarase unha senda a nivel pavimentada en formigón impreso, similar á dos núcleos de Mil de Abaixo e Mil de Arriba, segundo explica a alcaldesa, Beatriz Bascoy (BNG).