Moeche, no encontro estatal da infancia e adolescencia en Bilbao

LA VOZ MOECHE

MOECHE

Os tres estudantes e a concelleira, na viaxe a Bilbao
Os tres estudantes e a concelleira, na viaxe a Bilbao CEDIDA

É Concello Amigo da Infancia e Adolescencia desde 2018, recoñecido por Unicef España

20 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Anxo Canosa, Hector Orjales e Zeltia Pedreira, integrantes do grupo do Consello Local de Infancia e Adolescencia de Moeche, viaxaron a Bilbao coa concelleira Alba Fernández para sumarse ao oitavo Encontro Estatal de Participación de Infancia e Adolescencia. Moeche, recoñecido por Unicef España como Concello Amigo da Infancia e Adolescencia desde 2018, foi un dos seis municipios galegos presentes nesta cita, con 180 menores de todo o Estado.

«Foi unha oportunidade para compartir ideas, propostas e, sobre todo, reflexionar sobre a importancia da participación na vida pública e a solidariedade», destacou a concelleira. Para a alcaldesa, Beatriz Bascoy, «é un orgullo, e Anxo, Hector e Zeltia son exemplo do compromiso da xente máis nova».

O resultado do traballo dos participantes plasmouse nun manifesto con propostas concretas, que será presentado no Congreso dos Deputados e noutros espazos.