
Nesta xornada reunirase o xurado do certame de fotografía
07 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A sétima Feira do Gando Vacún de Moeche celebrarase este domingo, día 8 de xuño, na nave do gando, desde as nove da mañá.
Desde as dez poderase ver a exposición de fotos do concurso e ás doce reunirase o xurado, formado por persoas do ámbito veterinario, asociativo e do Consello Local da Infancia.
Haberá sesión vermú (13.30 horas) e entrega de premios ás mandas máis numerosas (150, 100 e 50 euros) e á vaca elixida polo público (100 euros). O Concello destaca a oferta gastronómica dos locais do municipio e a polbería do recinto feiral.