
O órgano nace co respaldo de todos os grupos da corporación
02 jun 2024 . Actualizado a las 05:00 h.Entidades vinculadas á memoria histórica en toda a ría de Ferrol festexan a aprobación do Consello Sectorial Municipal da Memoria Democrática en Narón. A luz verde logrouse no pleno do pasado xoves, por parte de todos os grupos da corporación naronesa.
A Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, que loita desde hai anos pola memoria dos represaliados do franquismo na zona, destaca este logro. E recalca que estivo representada no pleno por varios membros da directiva.
«Congratulámonos de que saira adiante esta proposta que hai pouco tempo formulamos, e que acadou a unanimidade a partir dunha moción do grupo de goberno (Terra Galega)», indican desde a entidade. O órgano asesor do Concello axudará á recuperación das vítimas coa nova Lei de Memoria Democrática.