Narón facilitará aos veciños caixas niño para aves insectívoras e morcegos

La Voz NARÓN / LA VOZ

NARÓN

Colocación de casetas para murciélagos en Narón con alumnos del CIFP Ferrolterra.
Colocación de casetas para murciélagos en Narón con alumnos del CIFP Ferrolterra. Cedida

A colaboración é entre o Concello e o CIFP Ferrolterra

07 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Un ano máis, Concello de Narón e o centro educativo CIFP Ferrolterra colaboran na posta a disposición dos veciños de novos refuxios para paxaros e morcegos. As caixas niño para aves insectívoras e as caixas refuxio para morcegos entregaranse no propio pazo municipal, unha vez estén dispoñibles. Pero antes hai que solicitalas chamando ao teléfono 981 33 77 00, nas extensións 1604 e 1614.

Como recorda o concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Ramos, esta colaboración co CIFP Ferrolterra xa se deu o pasado ano para «establecer un método de control biolóxico de pragas de insectos dende o enfoque dunha soa saúde da OMS, que considera a saúde humana, animal e a do planeta como un todo interconectado».

As caixas van acompañadas de dúas guías: unha de colocación e limpeza, e outra de fomento da biodiversidade.