Narón encara un trimestre de teatro con Lola Herrera como gran estrela

La Voz NARÓN / LA VOZ

NARÓN

Lola Herrera con su hija Natalia Dicenta, en una imagen de archivo
Lola Herrera con su hija Natalia Dicenta, en una imagen de archivo -

A programación no Pazo da Cultura inclúe concertos como o de Alondra Bentley

09 oct 2025 . Actualizado a las 01:11 h.

As mellores obras teatrais de toda España continúan pasando por Narón, que conta cunha gran programación no seu Pazo da Cultura para este trimestre. Entre elas destaca a protagonizada por Lola Herrera e Natalia Dicenta, nai e filla na vida real que amosarán o seu excelente dominio da escena en El camino a la Meca.

 

No Pazo da Cultura, xa este sábado Marta Viera representará Me llamo Suleimán que se centra na emigración clandestina entre África e España. Os días 17 e 18 (ás 20.30 e 20.00 horas respectivamente) chega a obra de teatro contemporáneo El camino a la Meca. Lola Herrera e Natalia Dicenta dan vida a «unha historia sobre os desafios da arte e a liberdade individual».

 

 

Ademais de teatro, haberá música. Alondra Bentley ofrecerá o 24 un concerto pop e indie co seu novo traballo La materia. E o 25 será o turno da comedia Apaga o candil de Cándido Pazó. Xa os días 7 e 8 de novembro, representarase 1936, sobre a Guerra Civil. O 14 hai un tributo a Queen chamado Queen is back. E o 15 representarase a comedia Non pasarán. Máis datas: o 20 con El lago de los cines, o 22 con A metamorfose, o 29 a nova comedia Mofa e Befa: os dous de sempre. E en decembro haberá desde un concerto de Xabier Díaz ata o fin de ano de Sementeira.