Música brasileira coa compositora Kátya Teixeira, este venres en Pontedeume

LA VOZ PONTEDEUME

PONTEDEUME

CEDIDA

O colectivo Terra organiza unha noite «para sentir e partillar música viva, comprometida e vibrante»

29 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A artista e compositora brasileira Kátya Teixeira actuará este venres en Pontedeume, da man do colectivo Terra, que promove diversas citas culturais ao longo do ano.

Teixeira ofrecerá a súa música, «feita de camiños, saberes e sons populares de Brasil, nunha noite para sentir e partillar música viva, comprometida e vibrante».

A entrada para esta velada con sabor a Brasil é de balde, con contribución voluntaria. Será ás 21.00 horas, no número 17 da avenida da Coruña.