Chega a Pontedeume Xogal, que creará un taboleiro de xogo nas rúas

la voz PONTEDEUME

PONTEDEUME

Imagen de archivo de Pontedeume
Imagen de archivo de Pontedeume JOSE PARDO

O venres día 5 de setembro, ás 17.30 horas

02 sep 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O proxecto XoGal, impulsado polos GDR Montes e Vales Orientais, Terras de Miranda, Terra Chá e Seitura 22 en colaboración coa empresa galega Skeirrum, terá a súa segunda cita esta semana, o venres día 5 de setembro, ás 17.30 horas, e esta vez convoca a todas as persoas inquedas e curiosas en Pontedeume.

A experiencia, titulada Pontedeume viva, propón aos participantes descubrir todos os segredos da vila a través dunha das súas tradición máis antigas, a Festa das Peras: «Unha vila festiva… chea de segredos. Mómaros, bolos, cabezudos e tradicións que agochan pistas da historia de Pontedeume. Esta experiencia fainos revivir as Festas das Peras como nunca antes: xogando, rindo e descubrindo a alma dunha vila entre celebración e memoria».

Os participantes deberán resolver acertixos, preguntas e probar para completar o percorrido e clasificarse entre os mellores do proxecto, optando así a diversos premios.