San Sadurniño ofrece un espectáculo polo Día do Libro Infantil e obradoiros de autoestima para mulleres con discapacidade

LA VOZ SAN SADURNIÑO

SAN SADURNIÑO

José Manuel Casal

Raquel Queizás ofrecerá a narración oral «A Orixe»

02 abr 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

A Biblioteca Municipal de San Sadurniño propón o espectáculo «A Orixe», de Raquel Queizás, para conmemorar o Día do Libro Infantil e Xuvenil. Será este martes, 2 de abril (11.00 horas), na Casa da Cultura, para os escolares máis novos do CPI.

Por outra banda, o Concello e o colectivo Acadar organizan un ciclo de oito obradoiros de autoestima para mulleres con discapacidade, que comezará este mércores.

A participación nesta serie de obradoiros é de balde, pero antes hai que anotarse chamando ao número 673 903 922 ou enviando un correo a veronica.perez@sansadurnino.gal.