San Sadurniño abre o prazo para participar no Monográfico de Can de Palleiro da Feira Rural

LA VOZ SAN SADURNIÑO

SAN SADURNIÑO

CÉSAR GALDO

As probas morfolóxicas, puntuables para os trofeos promesa e mellor exemplar do 2025 en Galicia, terá lugar o día 30 de agosto

20 ago 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O Monográfico da Raza Can de Palleiro é un dos pratos fortes da Feira Rural de San Sadurniño, programada polo Concello para o 30 de agosto. No transcurso desta cita terá lugar unha das probas morfolóxicas puntuables para os trofeos promesa e mellor exemplar do 2025 en Galicia. Haberá catro categorías para machos e femias por separado: moi cachorro (de tres a seis meses), cachorro (de seis a nove meses), xuvenís (de nove a 18 meses) e mellor adulto.

O prazo para anotar os cans estará aberto ata o día 26 cubrindo o formulario que se pode atopar na páxina web do Concello e remitíndoo ao correo candepalleiro@clubcandepalleiro.com ou mandando unha mensaxe de WhatsApp ao 604 074 618.

Fontes municipais destacan o papel desta feira «para descubrir unha raza que se coñece en Galicia desde antigo, aínda que durante moito tempo o can de palleiro fose sinónimo de can sen caste». A recuperación desta raza vai da man da Xunta de Galicia e do Club Raza Can de Palleiro.