
O Concello conta co apoio económico da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático para a compra
13 sep 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O Concello de San Sadurniño adquiriu un punto limpo móbil, por algo máis de 18.00 euros, cofinanciados cunha achega de 13.477 da Consellaría de Medio Ambiente e Cambio Climático.
O remolque conta con 15 bocas diferentes para refugallos como pilas, cápsulas de café, fluorescentes, trapos contaminados, teléfonos móbiles, cedés, deuvedés, tóners ou aerosois.
E ten colectores para xoguetes e plásticos ríxidos, lixo dixital, restos de pinturas, vernices ou disolventes. Estará varios días en cada parroquia e en eventos.