—Hai nos últimos anos un interese por recuperar os nomes galegos?
—Si, a RAG está traballando niso, e mesmo desde un punto de vista prescritivo: informando da variante galega que deberiamos usar, como Filipe ou Felipe. Cal é máis documentada? É Noela ou Noelia? Pero tamén cada día nacen nomes novos. Eu coñecín un meniño chamado Alén. E moitos relacionados coa toponimia, como Ézaro ou Dubra. Se eu puidese decidir o nome dun neno, tranquilamente chamarío Sil. Aí está a capacidade de creación e de amor á terra.
—Tamén explicas hipocorísticos.
—Claro, como Xexé, que remite a Xosé; ou Xelís, de Xosé Luís, ou Charo e Charín.