O presidente do Vilalonga pon a disposición dos socios o seu cargo
VILAGARCÍA / LA VOZ
FUTBOL GALLEGO
![](https://img.lavdg.com/sc/svoWpTPT1Wp1q7DpEExNckZLqsY=/480x/2024/05/14/00121715715601334790443/Foto/A31L9102.jpg)
Marcelo Muñiz informará previamente á asemblea do estado económico do club celeste tras encabezar a xestión que permitíu o seu regreso á Tercera Federación
15 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.Marcelo Muñiz, o home que asumiu a difícil tarefa de coller o Vilalonga tras o seu último descenso de Terceira a Preferente e que hai unhas semanas celebraba o regreso do equipo celeste á categoría perdida seis anos atrás, porá este domingo o seu cargo de presidente a disposición dos socios da entidade nunha asemblea convocada para as doce no local do club. Antes de tratar o seu posible relevo, Muñiz informará do estado económico do Vilalonga.