«Máis que unha despedida de José María Barja, vai ser unha continuidade»

La Voz

GALICIA

15 dic 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Xosé Luís Armesto foi un dos vicerreitores que completou os dous mandatos no equipo de José María Barja, reitor saínte da Universidade da Coruña, que o próximo mes de xaneiro abandonará o seu cargo tras oito anos na Maestranza, e retornará a dar clase na Facultade de Informática.

-¿Botará de menos a José María Barja no seu novo equipo?

-Máis que unha despedida de José María Barja, vai ser unha continuidade. Hoxe [por onte] volvemos a comer xuntos, e seguro que estaremos moi unidos, porque é moi entrañable. El, que para isto dos números é moi entusiasta, deume onte algúns datos doutras eleccións a reitor nos que a diferenza de votos entre os candidatos ao reitorado de Valladolid foi de só tres votos.

-¿E ao resto do equipo reitoral tamén?

-A verdade é que o equipo de goberno destes anos foi unha auténtica marabilla. Son un grupo de amigos marabillosos.