
Conmemorou o Día de Galicia no miradoiro da Fervenza do Toxa
22 jul 2025 . Actualizado a las 23:09 h.Cun mapa de Galicia cun «si», unha foto de familia, o Himno de Galicia, unha muiñeira tocada polo deputado de Marín Manuel Santos e unha bandeira, a familia do PPdeG conmemorou este martes o Día de Galicia no miradoiro da Fervenza do Toxa, en Silleda. Tras unha pequena andaina festexou «o orgullo de ser galegos». Na fervenza, o presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicou «a Galicia do si [ese si que leva Silleda no nome], de abrir os brazos e dicirlle a todo o mundo que nos queira visitar que aquí estamos. Os que queiran investir na nosa terra e apostar pola estabilidade e polo ambiente favorable a seguir creando riqueza, dicímoslle si». Contrapuxo este modelo de portas abertas co da Galicia do «non» do bloqueo permanente e da crítica sen proposta». Rueda destacou unha xestión económica «con sentidiño», a aposta decidida pola sanidade e a educación, dos servizos públicos de calidade e a igualdade de oportunidades e o compromiso real co medio rural e «por unha Galicia que siga medrando». Para o presidente do PP de Pontevedra, Luis López, o PP «é o partido que máis se parece aos galegos, que somos moderados, estamos unidos, valoramos o sentidiño e cremos nas maiorías».