
Manolo emociona ao celtismo cun vídeo co que o Celta celebra o regreso á competición continental
27 may 2025 . Actualizado a las 19:11 h.Son só 43 segundos, pero poñen a pel de galiña, como comentaban moitos afeccionados do Celta. O Gran Capitán, que formaba parte do primeiro Celta que competiu en Europa, Manolo Rodríguez, protagoniza un emotivo vídeo publicado polo club vigués este martes con motivo desta nova clasificación, a décima da historia.« O Celta de Manolo abriu o camiño, e hoxe a ilusión renace. Voltamos a Europa», escriben.
O canteirán, que actualmente ten 77 anos, aparece en Balaídos portando a bandeira europea. «Un equipo celtista, galego, de xente da casa. Hai 54 anos, fomos os primeiros en chegar; agora, toca voltar. Votar a Europa», di antes de colocar a bandeira no medio do terreo de xogo. Refírese á clasificación continental do ano 1971, cando se enfrontaron ao Aberdeen, caendo na primeira eliminatoria.
???? ?? ????
— RC Celta (@RCCelta) May 27, 2025
Un equipo celtista, galego, de xente da casa, fixo historia hai 54 anos...
O Celta de Manolo abriu o camiño, e hoxe a ilusión renace.
???????? ? ??????! #EuroCelta ? #VoltarAEuropa pic.twitter.com/Dw0Zqsh4dv
«Pagamos la novatada, los dos partidos fueron muy parejos Se impuso su experiencia porque ellos entonces eran uno de los buenos equipos se Europa», lembraba Manolo no ano 2017. «No se le dio la importancia que merecía, el bombo que hoy se le da a una competición así, pero yo estoy encantado de haber participado con el Celta en Europa», apuntaba Juan Fernández, outro dos membros de aquel equipo.