
Na lección de hoxe, aprendo a coñecer e identificar os nomes dalgunhas palabras relacionadas coa vía. Vou comprender o que significan e a súa función. E tamén aprenderei conceptos de seguridade viaria e ampliarei o meu vocabulario.
Tarefa
- O profesor vaime ensinar conceptos relacionados coa seguridade viaria.
- Aprenderei o seu significado para poder identificalos e recoñecelos se aparecen no percorrido que fago diariamente.
- Voume familiarizar con lugares, infraestruturas ou obxectos que vexo para estar alerta.
- Atenderei a outros elementos da vía que me dan información para a miña seguridade.
Avaliación
- Pola estrada sempre teño que pensar antes o que vou a facer.
Materiais
- Fotografías e imaxes de cruces de camiños e estradas.
ACTIVIDADE
Completa as frases coas palabras que faltan:
esquerda, estrada, peóns, senda peonil
- Os ... ... ... son os máis vulnerables e fráxiles, xa que non teñen ningunha protección corporal.
- Unha ... ... ... e? un camiño ao longo dunha estrada deseñado para o tránsito de peóns.
- Os peóns na ... ... ... deben camiñar pola ... ... ... , no sentido contrario a? marcha dos vehículos e o máis afastados posible do bordo da estrada.
Cruces de alto risco en Galicia
A NOTICIA
(La Voz 16 de marzo de 2016). Cada día centos de persoas xóganse a vida en rúas e estradas ao atravesar a calzada por zonas indebidas. Aquí repasamos algúns dos atallos más perigosos.
La convivencia entre coches e peóns nunca foi doada. V Televisión saíu á rúa para comprobar os inusitados e perigos lugares polos que cruzan as persoas en tres cidades: A Coruña, Santiago e Vigo.
E as imaxes deixan poucas dúbidas. Con nenos, cestos de compra e correndo, moitos xóganse a vida atravesando varios carrís ou unha mediana onde coches, camións, furgonetas e autobuses baixan a gran velocidade, para aforrar o maior tempo posible nos seus traxectos.
Ás veces é por non camiñar só 200 metros hasta seguinte paso de peóns, outras pola falta de pasarelas peonís ou porque os pasos alternativos están afastados das zonas más transitadas. Noutros casos non hai paso de peóns.
As razóns son variadas, pero o que está claro é que cada día centos de persoas xóganse o tipo entre os coches nas cidades e estradas galegas. Incluso de noite, cando os peóns son máis vulnerables pola falta de visibilidade.