A Virxe dos Remedios subiu un ano máis a Cadeiras

k. armesto / F. ALBO

LEMOS

ALBERTO LÓPEZ

08 sep 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

1Nestes días a Virxe dos Remedios está sendo a protagonista en moitos lugares de Galicia. Onte comezou na parroquia de San Vicente de Pinol, en Sober, a romaría de Cadeiras, celebrada na súa honra. Como é costume todos os anos, iniciouse a celebración coa subida da santa patrona dende o santuario de Pinol ao santuario de Cadeiras, onde quedará ata o luns, remate do festexo.

A Xudería en Monforte

2Mentres, en Monforte, a Festa da Xudería enchía o barrio xudío de artesáns.Dende as 10:00 ata as 22:00 recreouse un etnográfico ecaparate nas rúas Pescaderías, Zapaterías e Falagueira. Nunha das praciñas, un alumno da aula de teatro municipal animou a festa cun concurso de preguntas sobre a cultura xudía. Porén, o tempo non axudou e a esta festa non acudiu tanta xente como se esperaba.

Pintura en Sargadelos

3O que si se esperaba era ver de novo os cadros do certame de pintura rápida Ángela López Castro do 3 de agosto. Na galería Sargadelos inaugurouse unha exposición venda na que se poderán contemplar e comprar as obras ata o 27 deste mes.

Cadros de Montana

4Ata o mesmo día, pero en Chantada, outra exposición ten as portas abertas na Casa da Cultura. Neste caso a mostra é dunha serie de cadros de Jordi Montana.