O día 24 presentarase a obra póstuma «Cadernos persoais», coincidindo co 25 aniversario do pasamento do poeta
20 may 2021 . Actualizado a las 18:09 h.O próximo luns cúmprese o 25 aniversario do falecemento do poeta monfortino Lois Pereiro. Para conmemorar esta data, o Ateneo Casino de Monforte organizará ese día un acto de homenaxe que comprenderá a presentación dos Cadernos persoais, unha obra que recolle as anotacións inéditas que deixou o escritor á súa morte. No acto participarán Xosé Manuel e Inés Pereiro -irmáns do poeta-, o escritor Héctor Cajaraville -que se encargou de editar estes escritos póstumos- e Antón Lopo, director da editorial Chan da Pólvora, que publicou a obra. Lois Pereiro só publicou en vida dous libros, Poemas 1981/1991 e Poesía última de amor e enfermidade. Despois do seu pasamento editáronse varias obras póstumas ás que se suma agora este novo libro.
Día 24 • 20.00 hora s • Entrada libre, previa reserva no teléfono 648 435 033, preferiblemente por Whatsapp