![](https://img.lavdg.com/sc/ovDkcWW-v--LDMsSOBqi1FcH2yw=/480x/2024/05/08/00121715188802819733766/Foto/M_20240508_184909000.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/J-HBeDKs0EPs_twLJ8gCshTN33Q=/480x/2024/05/08/00121715188862724235593/Foto/M_20240508_183143000.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/fzaUP2MZnYO8gjFY8bDQeCa0HFk=/480x/2024/05/08/00121715188862165620214/Foto/M_20240508_184531000.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/4hesLZAmZ-To8P0VIFrnRwaMVkY=/480x/2024/05/08/00121715188861882526180/Foto/M_20240508_184846000.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/t2MjuK7TaBDfwTh1YF4gRf_AvxU=/480x/2024/05/08/00121715188802479421219/Foto/M_20240508_185755000.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/il7VcWJlw1DjYZELTuBg-d4OkxY=/480x/2024/05/08/00121715188802240871682/Foto/M_20240508_185954000.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/vc8Pz0kMzPPP0e6aEyymKsF_eaU=/480x/2024/05/08/00121715188682227305436/Foto/M_20240508_190310000.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/Kxh13w7vxDoq1VD7WhDEGUpojfA=/480x/2024/05/08/00121715188801936337754/Foto/M_20240508_190045000.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/d6rhb_7nqf5r_tuvOXk7ReKhniE=/480x/2024/05/08/00121715188742685737701/Foto/M_20240508_190121000.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/PAGiEOwOW6IwjIYpODplrP4tbBU=/480x/2024/05/08/00121715188741550435678/Foto/M_20240508_190204000.jpg)
Na concentración participaron 14 composicións, a maioría feitas nos centros educativos
09 may 2024 . Actualizado a las 10:52 h.Monforte celebrou este mércores unha festa dos Maios marcada pola alta participación, e tamén polas altas temperaturas. Como se a primavera se quixese facer notar, os centos de persoas que foron pola tarde á praza de España para levar os seus Maios apertáronse nas zonas de sombra para evitar os efectos das altas temperaturas. Alí víronse catorce maios Os termómetros chegaron a marcar onte algo máis de 28 graos no casco urbano de Monforte.
Na festa participaron, como é habitual, a maior parte dos centros educativos da localidade. Estudantes e profesores foron xuntos á concentración da praza de España e algúns tamén levaban preparadas coplas coas que participaron no concurso que organiza todos os anos o Concello.
Entre o público había clases enteiras dos colexios locais, pero tamén moitos familiares dos estudantes. Moitos dos escolares ían de branco e algúns levaban adornos con flores.
Nesta ocasión non foi a concelleira de Cultura, Marina Doutón, a que saudou aos asistentes desde a parte alta da praza de España. Esta vez encargouse de facelo o alcalde José Tomé, que celebrou que se xuntase tanta xente nesta festa tradicional e a calidade dos maios elaborados este ano.
O Concello de Monforte incentiva con premios en metálico a participación na Festa dos Maios. Todos os que acuden co seu maio á concentración da praza de España reciben 75 euros. En calquera caso, un xurado puntúa os diferentes maios na praza e nomea gañadores. Para facelo, ten en conta a imaxinación, a idea central, a estética, a orixinalidade e os materiais empregados.