O segundo Poetry Slam de Bóveda será a finais de maio

La Voz MONFORTE / LA VOZ

BÓVEDA

Un momento do primero combate do Slam Poetry  de Bóveda, que se celebrou en marzo
Un momento do primero combate do Slam Poetry de Bóveda, que se celebrou en marzo CONCELLO DE BÓVEDA

Despois desta sesión quedarán tres máis ata a final desta competición de poesía recitada, prevista para novembro

04 may 2023 . Actualizado a las 21:22 h.

Xa hai data para a segunda sesión do Poetry Slam de Bóveda, unha competición lírica nas que os participantes recitan poesías orixinais súas para gañar os tres premios do certame: a cunca de ouro, a de prata e a de bronce. Na primeira, que se celebrou o 25 de marzo, participaron sete autores e os gañadores foron Iria Seoane, que levou a cunca de ouro; Noa Moreira, coa cunca de prata e Jonatan Jorje Guille, coa cunca de bronce.

O segundo Poetry Slam de Bóveda será o sábado 27 de maio e comezará ás sete da tarde. O escenario ao que subirán os participantes é o do centro sociocultural de Bóveda, o mesmo da primeira sesión

O Poetry Slam de Bóveda está organizado polo colectivo KulturN'aldea, coa colaboración do Concello.

Os organizadores concíbeno como unha competición por fases no que haberá cinco encontros ou combates. O primeiro foi o de marzo e o segundo este de maio. Os outros tres celebraranse en xuño, setembro e outubro. Como remate, en novembro farase a final, na que tomarán parte os gañadores e os segundos clasificados en cada un dos cinco combates previos.