18 ago 2003 . Actualizado a las 07:00 h.
Poucos recordan esta celebración de principios do século pasado, pero a festa das barcas nas beiras do río Asma de Chantada tiña entón bastante sona. Consistía no descenso en barcas dende a ponte nova ata a presa de Chapacuña. Era habitual para os donos de hortas ou casas por esta zona ter unha barca de uso basicamente de recreo. Na actualidade tan só se conserva un embarcadoiro, bastante mal conservado, da práctica desta navegación no tramo urbano do río. O novo paseo fluvial en construcción podería ser unha oportunidade para que o río recuperase protagonismo na vida local.