
O acto celebrarase o venres no Círculo Recreativo Cultural
26 jun 2019 . Actualizado a las 16:14 h.O historiador, catedrático e escritor Ramón Villares Paz, anterior presidente do Consello da Cultura Galega, presentará o venres en Chantada o seu libro Fuga e retorno de Adrián Solovio. Sobre a educación sentimental dun intelectual galeguista. O acto, organizado pola Irmandade Cultural País do Faro, comezará ás 20.15 horas no Círculo Recreativo Cultural. O autor estará acompañado por Tamara González e Narciso de Gabriel. A obra consiste nun ensaio sobre as claves do pensamento galeguista moderno que se centra especialmente na figura de Ramón Otero Pedrayo. O nome de Adrián Solovio é o do protagonista da coñecida novela de Otero Pedrayo Arredor de si, publicada por primeira vez en 1930.