Acto informativo da asociación Chantada contra o Cancro sobre o leite materno como alimento funcional

La Voz CHANTADA / LA VOZ

CHANTADA

Cristina Fente Sampayo é de Chantada e rexenta unha farmacia en Lugo
Cristina Fente Sampayo é de Chantada e rexenta unha farmacia en Lugo CEDIDA

Será este sábado no auditorio municipal e intervirá a farmacéutica e investigadora Cristina Fente Sampayo

09 jun 2022 . Actualizado a las 11:18 h.

A asociación Chantada contra o Cancro, organiza para esta fin de semana una conferencia-coloquio na que Cristina Fente Sampayo, especialista en nutrición falará sobre o leite materno como alimento funcional. Este acto, que terá lugar este sábado no auditorio municipal e comezará ás sete da tarde, leva por título «O leite materno: o mellor exemplo de alimento funcional. Aplicado ao cancro e a outros aspectos da nosa vida».

Cristina Fente Sampayo é profesora na área de Nutrición e Bromatoloxía da Facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago de Compostela. Investigadora en proxectos nacionais e internacionais, nomeada o pasado mes de marzo como membro da Real Academia de Farmacia de Galicia e propietaria da Farmacia La Salud de Lugo, falará este sábado do leite coma o mellor alimento funcional que existe, que ademais de proporcionar o alimento que o bebé precisa tamén o protexe dalgunhas enfermidades.