Alfonso Viana: «Se non fora polas institucións, a Subida a Chantada sería inviable»

CHANTADA

Alfonso Viana preside a Escudaría Chantada desde 1992
Alfonso Viana preside a Escudaría Chantada desde 1992 ROI FERNANDEZ

O presidente da escudaría que organiza a proba di que o orzamento deste ano é de 70.000 euros

25 jul 2025 . Actualizado a las 16:44 h.

Os motores xa roxen na Ribeira Sacra. Esta fin de semana dispútase a edición número 51 da Subida a Chantada, proba puntuable para o campionato de España de montaña, na que se dan cita un total de 102 pilotos. O presidente da Escudaría Chantada, Alfonso Viana, analiza a proba e fala de proxectos de futuro, así como das novidades da Subida. Tamén se atreve cos prognósticos e ve a Joseba Iraola como un dos grandes favoritos para o triunfo final. Iso si, tamén fala do seu máximo competidor para o triunfo: Arkaitz Ordoki.

—Como se presenta esta edición da Subida a Chantada?

—Moi animada. Parece que o tempo meteorolóxico vai acompañar e o tirón que teñen os pilotos que participan nesta edición motivará unha importante afluencia de público.

—Son 102 os pilotos que compiten esta fin de semana na ribeira do Miño. É o récord?

—Sendo a Subida a Chantada puntuable para o campionato de España de montaña teño que dicir que os 102 pilotos constitúen un récord. Pero houbo un ano, no que a Subida foi puntuable para o campionato galego de montaña e no que se deron cita 120 pilotos. Coincidiu con Iván Corral de presidente da Federación Galega e coa anulación do rallie do Lacón.

—Contar con máis de cen pilotos é para estar satisfeito, non si?

—Por suposto. Iso significa que esta Subida ten tirón. E o percorrido é incomparable. Atrévome a dicir que non hai un circuíto en España como o que temos na Subida a Chantada, e levo visto moitos.

—Este ano a Subida coincide de novo coa ponte do Apóstolo, pero vostedes intentaron que se celebrase unha semana antes. Por que non puideron?

—Foi por un problema de seguros. É verdade que a idea era que se celebrase a semana pasada para que dese xeito os pilotos tiveran máis tempo para recuperarse ou arranxar calquera incidencia dos seus coches, pero non foi posible. Tamén hai que dicir que se se fixese a semana pasada non poderíamos contar con Joseba Iraola, que estaba en Polonia no campionato de Europa.

—Presenta a Subida algunha novidade con respecto a outros anos?

—Non. Mantemos a mesma estrutura. Non hai que tocar o que funciona. O que si pedimos e que o público respecte as normas de seguridade para que non haxa ningún tipo de incidencia. E tamén pedimos que anden con coidado polos viñedos para que non se estropeen as cepas. Hai moito traballo dos viticultores, por iso apelamos a responsabilidade do público que asista a Subida.

—Terá que pagar entrada o público para presenciar a Subida a Chantada?

—Si. O prezo son cinco euros. Esta colaboración supón unha achega moi importante, aínda que é certo que se non fose polo que achegan as administracións sería inviable organizar a Subida a Chantada. Co que recadamos do público non é suficiente. E todos os recursos son necesarios, porque hai que darse conta que aquí a Chantada tamén veñen pilotos convidados, e iso ten un custe engadido.

—Cal é o orzamento da Subida?

—O orzamento desta edición da Subida a Chantada está entre os 65.000 e os 70.000 euros. E hai que moverse e traballar moito para cubrilo. Recordo que cando asumín a presidencia da Escudaría Chantada, alá polo ano 1992, eramos catorce persoas a traballar e agora somos catro ou cinco. Hai que agradecer aos colaboradores a axuda, e tamén quero dar as grazas as institucións polo apoio que nos brindan. Sen elas no se podería celebrar a Subida.

—Cambiou moito a organización dos anos noventa a hoxe?

—Si, moito, sobre todo en burocracia. De feito, eu este ano estaba con poucas ganas, pero o meu xenro e a miña filla animáronme a continuar. E aquí estamos.

—Quere dicir que a retirada de Alfonso Viana está preto?

—Sería bo que houbese un relevo. E verdade que son un apaixonado do automobilismo, pero tanto tempo aí na primeira liña traballando pasa factura. Necesítase xente, porque estamos falando dunha proba con moita loxística. Á xente gústalle que se fagan cousas, pero queren que traballen outros. De todos modos, agora imos centrándonos nesta edición e logo xa se verá.

—Entrando no eido puramente competitivo, quen son os favoritos para alzarse coa vitoria final nesta edición 51 da Subida a Chantada?

—No tocante aos favoritos, entendo que todo se decidirá entre Joseba Iraola, que ven de rematar segundo no campionato de Europa, e Arkaitz Ordoki. Este último é o líder provisional da clasificación do campionato de España de montaña.

—En carrozados, a quen ve con máis posibilidades de gañar?

—Aquí, o triunfo pode estar entre Gerard de la Casa e José Antonio López Fombona, que ven cun Porsche.

—E no resto de categorías?

—En barquetas non ven o favorito, que é Jacobo Senín, e en turismos aposto polo actual campión, Jorge Pérez.

—Polo que vai dicindo espérase unha Subida emocionante?

—Moi emocionante, porque ao talento dos pilotos que se achegan ata Chantada hai que engadir a espectacularidade do circuíto.

—Podería a Subida a Chantada ser puntuable para o campionato de Europa de montaña?

—Iso son palabras maiores, e máis tendo en conta que tan só se pode celebrar nun lugar en cada país. É verdade que nalgún momento intentámolo. Eu diría que en dúas ocasións. De feito achegáronse ata aquí dous comisarios, un húngaro e un francés. De cara ao futuro non sei se será posible.

—Haberá representación de Chantada na Subida?

—Si que haberá. Competirán dezaseis pilotos chantadinos e oito de Taboada.

—Que mensaxe lle transmite aos lectores e aos afeccionados ao motor?

—Anímoos a que se acheguen esta fin de semana porque van gozar dun gran espectáculo. Na Subida a Chantada estarán algúns dos mellores pilotos de España e de Europa. E reitero a miña petición de responsabilidade para que a proba se desenvolva con normalidade e non haxa ningunha incidencia.

Los mejores automovilistas de España

En la categoría I, el líder Gerard de la Casa (Ford Fiesta), estará acompañado de sus rivales directos como Ismael Arquero (Volkswagen Golf), que se sitúa en el segundo puesto de la tabla, siendo también protagonista el Audi de Jose Antonio López-Fombona. 

Categoría II

Arkaitz Ordoki y su Norma llegan en la primera posición de la general provisional del Campeonato de España de montaña, donde pugnarán por ganar con Christian Erik Broberg con una Wolf y con el que regresa de nuevo a la cita gallega Joseba Iraola, que es tercero en liza con su Nova. 

Categoría III

Edgar Montella, con su Speed Car, es el primer espada que defenderá su liderato ante Jordi Vilardell (Demon Car) y el gallego Alfonso Ventín con YacarCross. 

Trofeo Jaly's

Dentro del Trofeo Patatas Fritas Jaly's, hay que destacar, entre otros, a Pablo Rey (Norma), Antonio Pérez (Nova), Yelco Álvarez (Forwin), Pablo Vázquez (Osella) y Manuel Rey (Radical). 

Carrozados

Destacan Jorge Pérez (Porsche), João Paulo Oliveira (Audi), Antonio Casimiro (Porsche), José Silvino (Nissan) o Manuel Senra (Peugeot 308).

El circuito que discurre entre el puente de Belesar y la zona de Ponte Meixide estará cerrado al tráfico desde las diez de la mañana. Una hora y media más tarde comenzarán los entrenamientos oficiales y a continuación las mangas. Se espera que sobre las ocho finalice la jornada.