Nesta casa de Chantada viviu... o fillo de fidalgos que fundou unha orde baseada na vida contemplativa

Rodrigo Fernández
Roi Fernández CHANTADA

CHANTADA

Entrada da casa de Brigos (Chantada) na que naceu Juan Alfonso Varela de Losada
Entrada da casa de Brigos (Chantada) na que naceu Juan Alfonso Varela de Losada ROI FERNÁNDEZ

Juan Alfonso Varela de Losada y Samosa naceu no século XVII na parroquia de Brigos

27 oct 2025 . Actualizado a las 13:04 h.

No lugar de Brigos de Arriba, a última casa na cima do lugar e a esquerda, está a que foi o fogar e onde naceu no ano 1723 Juan Alfonso Varela de Losada y Samosa. Este relixioso de Chantada foi o fundador da Sagrada Orde de Penitencia de Xesús Nazareno, unha orde católica creada en Salamanca.

Juan Alfonso Varela de Losada y Samosa finou na cidade italiana de Ferrara no ano 1769 e é un frade considerado pola Igrexa Católia como venerable, o que quere dicir, que pode ser beatificado.

A orde que fundou en Salamanca chegou a ter 33 conventos con 255 frades en diferentes países do mundo, pero sobre todo en Italia e no centro de Europa.

Este relixioso do século XVII era de familia fidalga e cursou os seus primeiros estudos en Monforte. Posteriormente alistouse no exército, pero acabaría desertando. A pesar diso, en 1747 entrou ao servizo de Luís de Borbón, fillo de Felipe V, e ese paso cambiou a súa vida.

No 1750 viaxou a Salamanca como penitente e alí entrou en contaco coa monxa clarisa Rosa del Castillo, que o animou a fundar unha nova orde relixiosa. A Sagrada Orde de Penitencia de Xesús Nazareno baseaba a súa regra na vida contemplativa e á vez activa.