
As actuacións comezarán sobre as seis e media da tarde e ofreceranse en nove establecementos
13 mar 2025 . Actualizado a las 13:16 h.O municipio de Quiroga acollerá este sábado a oitava edición do seu festival de Cantos de Taberna, no que participarán nove grupos musicais e outros tantos establecementos de hostalería. As actuacións comezarán arredor das 18.30 horas e terminarán cunha foliada na praza da rúa Lago, na que participarán todas as agrupacións inscritas.
Os grupos que tomarán parte na xornada —procedentes de diferentes municipios— son Nubeiro Son Galego, Son do Mao, Son Outeiro, Os Tarabelos, Macizas Centrais Trives, Os Parrandas, O Recanto, Os Ministreles e De Aquí e Daló. Os establecementos nos actuarán son Adega de María, As Palmeras, O Portón, O Quiper, A Botica, Chapakuña, A Matrioska, Ruxe-Ruxe e o bar Lago.
Os grupos actuarán aproximadamente durante media hora en cada local con repertorios de libre elección, preferentemente formados por pezas tradicionais e populares. Os organizadores entregarán unha axuda económica ás agrupacións participantes para consumir nos locais onde actúen e este establecementos, pola súa parte, comprométense a ofrecerlles tapas ou pinchos.