
A actuación terá lugar este domingo no centro sociocultural e a entrada será gratuíta
22 may 2025 . Actualizado a las 16:48 h.O centro sociocultural de Sober acollerá este sábado —a partir das 12.00 horas— un concierto do dúo de acordeonistas Éire, formado por Marta Cubas Hondal e Elisa Ruiz Ibarlucea. O espectáculo, q ue leva por título «Reflexos folcóricos», será organizado polas Xuventudes Musicais sde Sober dentro do ciclo Primavera Musical. A entrada será gratuíta.
O programa do concerto, sinalan desde a entidade organizadora, comprenderá «composicións cun sólido lazo co folclore, xa sexa ao estar inspiradas directamente nas tradicións musicais de diversas rexións ou ao explorar a dualidade entre o contemporáneo e as raíces». O repertorio, que comprende pezas de Manuel de Falla e Francisco Escudeiro, tamén inclúe obras que «destacan por diferenciar claramente a música tradicional e a contemporánea, integrando escintileos folclóricos na súa esencia, tal e como se aprecia na obra de Brais Novoa ou Iñaki Carcavilla».
O Dúo Éire formouse no 2019 dentro do Conservatorio Superior de Música do País Vasco. Desde entón a formación gañou o primeiro premio do quinto concurso de interpretación para estudos de acordeón Aris do Porto —na categoría de música de cámara— e o primeiro premio da edición número 13 do certame de música clásica Ciudad de Ávila. As intérpretes estrearon recentemente unha peza composta expresamente para elas —Borina, de Iñaki Carcavilla Garasa— e teñen previsto interpretar obras de varios compositores novos, como Brais Novoa, Juan de Dios Ruiz e Lorenzo Sorgi.