Que non saia de aquí

CARLOS VÁZQUEZ

LUGO

TRIBUNA | O |

28 ene 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

EL BRUJO apelou ó que di este titular para sacarlle punta á algúns aspectos da actualidade. Malia que todo ía ser unha noite preparada, o bruxo soubo improvisar para dar a súa propia visión da reunión de Carod Rovira con algúns terroristas, «que o son», matizou. Evidente. Pero amosouse perplexo ó comparalo coas reunións que outros -ós que el puxo apelidos- mantiveron, parece ser que para salvar o mundo. Pois si, tamén. Meter o cazo no caldo mentres coce, ás veces fai que un saia queimado, pero outras permite igualar a partida. Polo menos en tanto non se coñeza a totalidade dos datos que alguén vai soltando segundo máis lles interesa. Falando de intereses, resulta curioso comprobar como cando pasa algo así, axiña saltan os que aproveitan o momento para botarlle o dente a calquera cousa que soe a esquerda. Porque tratos e diálogos coa banda terrorista tivéronos tódolos partidos democráticos. Logo cada vez máis seguro estou de que non hai unha soa vara de medir. Se foran de vimbio, poderíamos facer un cesto e levalo á feira. Pero é que son de castigo, e así non hai maneira. Capítulo distinto é a falta de lealdade vista. Continuará.