Egoísmo de Carod

CARLOS VÁZQUEZ

LUGO

NO OUTEIRO | O |

29 nov 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

AQUELAS augas trouxeron estes lodos. Carod Rovira fai moi ben defender os intereses dos que lle votaron. Ten lexitimidade para pedir que Catalunya teña selección propia de patinaxe ou en tódalas especialidades deportivas. Teñamos argumentos a favor ou en contra xa sería motivo doutra análise. Pero o dereito dun remata onde empeza o doutro. Fai mal ERC se dirixe as rabias das súas frustracións contra do pobo de Madrid, que aspira a organizar as olimpíadas do 2012 como no seu día fixo Barcelona. Esqueceron algúns dirixentes políticos que toda España, incluída Madrid, apoiou aquela candidatura. Sen ese esforzo, unánime, Barcelona nunca tería sido sé olímpica. Para aló foron consignacións orzamentarias dos Presupostos do Estado que para nós quixéramos en Galicia. Barcelona 92 foi un éxito e unha ventá non só para Catalunya, senón para o resto do Estado . Querer danar a candidatura de Madrid só é egoísmo. É como se os galegos pediramos contas aos catalás por infraestruturas que lles fixeron alí.