Galiza castrexa

MANUEL XOSÉ NEIRA

LUGO

LICOR DE HERBAS | O |

25 oct 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

DICÍA don Ramón Piñeiro, a propósito das prosas (Cunqueiro realizaba prosas breves coma Cortázar, quizabes non soubera facer outra cousa) do humor sutil que subía dun castro lugués. Eu vivo, niste momento, sobor dun castro transparente, sen desbrozar. Un castro que nada ten de sutil senón de bruteza coma de seixo. Iste país é céltigo polos catro costados. Falaba Piñeiro do humor sutil que subía dun castro lugués. Temos de ir afinando a nosa celticidade sen desbrozar. Moverme pola miña casa resúltame pouco doado. Semella que vivo nun castro e que, ao escribir, fago moito ruído, que vivo non sobre de canto rodado senón sobre seixos brutos. Os seixos brutos dos camiños que dicía Aquilino Iglesia Alvariño, o noso trobador. O noso celtismo é coma de herba seca e fina, coa lubricidade ou erotismo requintado da aldea. As nosas aldeas tiñan moito de céltico e pagano, eran moi dadas ao erotismo requintado.