Arrinca a Feira do Libro de Lugo con oito días por diante e máis de 15.000 vulumes á venda

La Voz

LUGO

17 may 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

A chuvia mandou no primeiro día da Feira do Libro de Lugo, que se celebra ata o vindeiro domingo diante da Casa Consistorial. Desde as 11.00 abriron as 10 casetas que participan este ano e que porán á venda uns 15.000 libros. O pregón inaugural foi ao redor da oito, a cargo do escritor Xabier P. Docampo, quen ao rematar a súa alocución asinou exemplares do seu volume, Libros das viaxes imaxinarias , gañador do 18 Premio Irmandade do Libro, da Federación de Libreiros de Galicia.

Os actos previstos para hoxe, Días das Letras Galegas, inclúe a presenza, sobre a unha do mediodía, de Francisco Narla, quen asinará exemplares do seu libro Los lobos del centeno ; así como de Irene Castelos, que presenta a súa obra Pesadillas al anochecer . Narla participará pola tarde, ás sete, nunha charla coloquio sobre os mitos da tradición popular galega, acompañado polo mago Xacobe. Á oito so serán haberá un recital poético musica a cargo do escritor Xosé Carlos Caneiro e do guitarrista Xosé Manuel Salgado.