O Padroado da Fundación Cetal abordou o proceso de fusión co Centro Tecnolóxico Lácteo de Galicia

La Voz LUGO/LA VOZ.

LUGO

14 dic 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

O estado do proceso de fusión coa Fundación Centro Tecnolóxico Lácteo de Galicia centrou a reunión de onte do Padroado da Fundación Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo. O director xeral do Cetal, Eduardo Vidal, lembrou algúns dos pasos levados a cabo ata o de agora para esa fusión, como a contratación dunha asesoría externa, as xuntanzas mantidas entre os arquitectos de ambos proxectos, e as reunións que mantiveron representantes da USC, por un lado, e polo outro, a comisión de seguimento do convenio entre o Ministerio de Educación, a Consellería de Industria e a Universidade de Santiago para ampliar o prazo de execución da construción e equipamento científico da Aula de Produtos Lácteos, subvencionada con fondos Feder.

Vidal deu conta dos pasos a seguir a partires de agora para a consecución da fusión das dúas fundacións. A folla de ruta autoriza ao director xeral do Cetal a elaborar as memorias xustificativas da fusión e as memorias económicas, así como o borrador de estatutos da nova fundación, e tamén o organigrama do novo órgano de dirección ou padroado da fundación resultante da fusión.

A reunión do Padroado do Cetal, celebrada na sede do Inludes, estivo presidida polo alcalde de Lugo, José López Orozco, e a ela asistiron, entre outros, o conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez.