Novacaixagalicia trae a Lugo unha exposición con cen xilografías de Salvador Dalí

Lugo / La Voz

LUGO

A exposición que chegará mañá a Lugo estivo en Ferrol, en imaxe.
A exposición que chegará mañá a Lugo estivo en Ferrol, en imaxe. JOSÉ PARDO

Poderase visitar desde mañá ata o vindeiro 10 de febreiro

27 nov 2012 . Actualizado a las 16:13 h.

O centro sociocultural Novacaixagalicia de Lugo, con entrada desde a Praza Maior, abrirá mañá unha exposición con cen xilografías de Salvador Dalí. Poderase visitar ata o vindeiro 10 de febreiro. «La divina comedia de Salvador Dalí» é unha colección de xilografías pertencentes á colección de arte da fundación. Recollen todo o universo daliniano, as súas paixóns, a súa irreverencia, as súas aversións, Dalí en estado puro. O proxecto orixinal nace cando o Goberno italiano, con motivo do 700 aniversario do nacemento de Dante Alighierei, encarga a Dalí a ilustración de «La divina comedia». A elección do artista suscitou en Italia unha fonda polémica, dado que non era italiano e o proxecto finalmente foi cancelado. Aínda así, e a instancias do papa Pío XII, Dalí abordou o plan de recrear en xilografías a serie que ilustraba o libro. A exhibición abrirá de luns a sábado de 12 a 14 horas, e de 18 a 21 horas. Os domingos e os festivos poderase visitar de 12 a 14 horas.