O primeiro «puzzle» sobre Galicia en galego

Lucía Rey
lucía rey LUGO / LA VOZ

LUGO

LUCÍA REY

O lucense Joaquín Paris e Azkar colaboran no proxecto do italiano Guido Leboroni

17 may 2013 . Actualizado a las 07:01 h.

Galileo Nenos, a firma lucense que o pasado Nadal creou o primeiro xoguete en galego, «A cidade de cenorio», acaba de poñer á venda o seu segundo divertimento. É «O quebracabezas de Galicia», un puzzle de 350 pezas para nenos desde 3 anos. O seu impulsor, o enxeñeiro e xogueteiro italiano afincado en Lugo Guido Leboroni, explica que o xogo presenta un mapa que sitúa unha quincena de monumentos e espazos naturais destacados. Desde as catedrais de Lugo, Mondoñedo e Santiago, á Torre de Hércules, pasando polo Castelo de Pambre, ou Piornedo. «Para descubrir o paraíso que é Galicia», subliña, e destaca o traballo do deseñador lucense Joaquín París, gañador do concurso de carteis do San Froilán, e de Azkar, que distribuirá o produto ás tendas de toda a comunidade. O seu prezo é de 15,90 euros. «Fabricamos os xoguetes en Italia porque aquí non hai, pero se todo vai ben a miña idea é que se podan fabricar en Lugo», indica. Colaboran a Real Academia Galega, a Secretaría Xeral de Medios e as deputacións.

crónica galileo nenos pon á venda o seu segundo xoguete con motivo do día das letras galegas