1O presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, presidiu o acto de homenaxe e de recoñecemento que a organismo provincial lle rendeu onte a Xosé María Díaz Castro, «poeta místico que cantaba de xeito profundo, sentido e humano á súa terra». O tributo foi na casa natal do poeta ao que este ano se lle dedicou o Día das Letras Galegas, no Vilariño dos Cregos, nos Vilares (Guitiriz). Inaugurouse unha escultura de granito do escultor e canteiro guitiriciense Ramón Vilar, quen recibiu do o premio de Artesán de Honra de mans de Besteiro. O acto comezou coa presentación do libro Fulguración e silencio, do poeta lucense Xavier Rodríguez Barrio, editada polo Centro de Artesanía e Deseño. Tamén se presentou a curtametraxe A máquina tipográfica, baseada no poemario Nimbos, e feita por técnicos da Fundación TIC. O acto estivo presentado por Xulio Xiz.
Outro poeta
2Seguimos a falar das nosas letras e neste caso dun poeta ao que desde hai anos se intenta que sexa elevado á categoría do Día das Letras Galegas. Falamos de Manuel Rodríguez López, de Paradela. O Centro Galego de Barcelona inaugurou, cun coloquio, unha mostra sobre a súa figura. Era cualificado como «o poeta obreiro». O acto estivo presidido polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.
Aberto o curso da EIS
3O candidato á mellor dirección novel dos Goya 2014, o galego, Alejandro Marzoa, inaugurou onte o novo curso da Escola de Imaxe e Son (EIS). Marzoa gañou os Mestre Mateo de dirección e guionista co filme Somos xente honrada, e sinalou que agora loita por sacar adiante a segunda película, La última canción.
Abre a Feira Outlet
4Unha boa oportunidade para mercar produtos de stock de calidade con descontos de ata o 80%. Estará aberta ata mañá na carpa de detrás do Concello. Participan 32 comerciantes lucenses