Case 800 persoas poderán participar nas actividades medioambientais gratuítas da Deputación

L.L.

LUGO

O prazo de inscrición abre mañá na web provincial

29 mar 2017 . Actualizado a las 17:59 h.

Case 800 persoas poderán participar nas actividades medioambientais gratuítas que poñerá en marcha a Deputación de Lugo. Trátase de máis dunha vintena de propostas (obradoiros, cursos, roteiros, xornadas...) deseñadas para adultos, nenos e familias. O prazo de inscrición abre mañá en www.deputacionlugo.gal.

O deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, presentou hoxe a nova programación, incluída dentro do segundo trimestre do Centro de Interpretación: «A través desta programación, fomentamos o estudo da riqueza natural e patrimonial da nosa provincia, ao tempo que impulsamos as prácticas responsable co medio ambiente».

A programación é a seguinte:

ACTIVIDADES PARA ADULTOS

Abril

1 de abril.- Curso de enxerto, impartido por Marcos Besada Álvarez. Celebrarase no Centro de Interpretación Terras do Miño, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 20 prazas.

6 e 8 de abril.- Planificación do horto primavera-verán, impartido por Carlos Brea. Celebrarase no Centro de Interpretación Terras do Miño, o día 6 nun horario de 19:00 a 21:00 horas, e o 8 de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 24 prazas.

29 de abril.- Obradoiro de preparados medicinais para ó horto, impartido por Milhulloa. Celebrarase no Centro de Interpretación Terras do Miño, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 20 prazas.

Maio

6 de maio.- Multiplicación vexetativa de especies leñosas, impartido por Javier Pereira-Espinel. Celebrarase no Centro de Interpretación Terras do Miño, nun horario de 11:00 a 14:00 horas. Hai un total de 20 prazas.

13 de maio.- Obradoiro deshidratado de froitas, hortalizas e aromáticas, impartido por Mihulloa. Celebrarase no Centro de Interpretación Terras do Miño, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 20 prazas.

ACTIVIDADES PARA FAMILIAS

Abril

22 de abril.- Xornada de limpeza solidaria de bosques, impartido por Sociedade Micolóxica Lucus. Celebrarase no Centro de Interpretación Terras do Miño, nun horario de 10:00 a 13:30 horas. Hai un total de 30 prazas.

 

Maio

20 de maio.- Paseo botánico pola reserva da biosfera terras do Miño: ruta do campus, impartido por Javier Pereira-Espinel. A actividade arrancará da cafetería As Pedreiras ás 11:00 horas. Hai un total de 30 prazas.

27 de maio.- Curso de iniciación á fauna e flora da reserva da biosfera terras do Miño, impartido por Gustavo Martínez Lamas. Celebrarase no Centro de Interpretación Terras do Miño, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 20 prazas.

Xuño

10 e 11 de xuño.- O sisón na reserva na reserva da biosfera Terras do Miño. Ave do ano 2017, impartido por Gustavo Martínez Lamas. O día 10, celebrarase no C.I. Terras do Miño e o 11, no C.I. Lagoa de Cospeito, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 20 prazas.

 

ACTIVIDADES INFANTÍS

Abril

10 de abril.- “Obradoiro da natureza”, impartido por Equal. Celebrarase no Centro de Interpretación Terras do Miño, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 20 prazas.

11 de abril.- Obradoiro “Paseo estacional”, impartido por Equal. Celebrarase no Centro de Interpretación Terras do Miño, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 20 prazas.

12 de abril.- “Obradoiro de pasta”, impartido por Equal. Celebrarase no Centro de Interpretación Terras do Miño, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 20 prazas.

 

Xuño

3 de xuño.- “O extraordinario inventario da natureza”, contacontos que se celebrará no Salón de Actos da Deputación de Lugo. A primeira función será as 11:00 horas e a segunda ás 12:30. Hai un total de 70 prazas.

4 de xuño.- “Merenda con pan de millo”, contacontos que se celebrará no Salón de Actos da Deputación de Lugo. A primeira función será as 11:00 horas e a segunda ás 12:30. Hai un total de 100 prazas

17 de xuño.- Obradoiro “Día mundial contra a seguía”, impartido por Enigma. Celebrarase no Centro de Interpretación Terras do Miño, nun horario de 10:00 a 13:30 horas. Hai un total de 20 prazas.

26 de xuño.- Obradoiro “Descubrimos os poderes do sol”, impartido por Enigma. Celebrarase no Centro de Interpretación Terras do Miño, nun horario de 10:00 a 13:30 horas. Hai un total de 20 prazas.

27 de xuño.- Obradoiro “Coñecemos a lúa”, impartido por Enigma. Celebrarase no Centro de Interpretación Terras do Miño, nun horario de 10:00 a 13:30 horas. Hai un total de 20 prazas.

28 de xuño.- Obradoiro “investigamos e creamos estrelas”, impartido por Enigma. Celebrarase no Centro de Interpretación Terras do Miño, nun horario de 10:00 a 13:30 horas. Hai un total de 20 prazas.

29 de xuño.- Obradoiro “Artistas do noso sistema solar” impartido por Enigma. Celebrarase no Centro de Interpretación Terras do Miño, nun horario de 10:00 a 13:30 horas. Hai un total de 20 prazas.

PROGRAMACIÓN ESPECIAL

3 e 4 de xuño.- Día internacional do medio ambiente, coordinado por Ouvirmos. O día 3, terá lugar a proxección do documental e coloquio En todas as mans, nun horario de 11:30 a 13:30 horas, no C.I. Terras do Miño. Hai un total de 40 prazas. Pola tarde, de 18:00 a 20:00 horas, será o coloquio “Novas formas de consumo enerxético” ,no que tamén hai 40 prazas.

O día 4 hai programado un “Paseo guiado e observatorio de aves polo Río Rato”, que arranca do C.I. Terras do Miño, nun horario de 11:30 a 13:30 horas. Hai un total de 40 prazas.