Acruga amplía o seu mercado a novos países

La Voz

LUGO

Xa exporta doses seminais en novos países, como Australia, Indonesia, Italia e Nicaragua.

16 jun 2017 . Actualizado a las 21:45 h.

A Asociación de Criadores de raza Rubia Galega pechou o ano 2016 cunha maior presencia no mercado internacional, grazas á exportación de doses seminais en novos países, como Australia, Indonesia, Italia e Nicaragua. Trátase dunha primeira introdución con venta de semen que en total acada as case 5.000 doses, unha cantidad que non é demasiado significativa pero que é importante porque senta as bases para futuros negocios e segue adiante coa expansión internacional da raza rubia galega. Estes países súmanse a outros nos que a exportación xa ten unha longa traxectoria como Brasil, que importou no último ano más de 100.000 doses; Polonia, con 10.200, México, Turquía e Portugal. Algúns destes países obteñen doses seminais para cruce industrial coas súas razas co obxectivo de mellorar a capacidade produtora das súas cabañas gandeiras, para o que a rubia galega demostra ser unha das razas máis cualificadas.

En total, no pasado ano, vendéronse preto de 240.000 doses, unas 119.000 no mercado nacional, e algo máis de 117.000 no internacional.

Éstes e outros datos puxéronse hoxe de manifesto no transcurso da asamblea anual de Acruga, que contou con ducias de gandeiros de toda a provincia, e que despois participaron na tradicional comida e na homenaxe áos gandeiros e gandeiras xubilados ao longo do último ano. A esta cita acudiron uns 180 gandeiros e gandeiras de toda a provincia e, entre outras autoridades, o subdelegado do Goberno, Ramón Carballo; a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; o delegado da Xunta, José Manuel Balseiro; e o deputado de Medio Rural da Deputación de Lugo, Lino Rodríguez Ónega. Eles, xunto a outras autoridades, foron os encargados de entregar a insignia de Acruga aos homenaxeados.

Feiras

En 2016, Acruga participou en 17 certames gandeiros, dos cales máis do 20% foron de carácter nacional. Este ano aínda queda a cita máis importante do ano, o Concurso e a subasta Nacional que terá lugar en Adai (O Corgo) o viendeiro sábado 24. Despois do verán chegarán outros eventos como poxas en Fonsagrada, Pedrafita e Adai amais de exposicións en Friol, Carballiño, Salamanca e Expolugo.