Antonio Núñez Torrón: «O rabaño de xovencas de elite que hai no Centro de Recría son femias de descarte»

Dolores Cela Castro
dolores cela LUGO/ LA VOZ

LUGO

cedida

O veterinario que aspira a presidir Acruga estuda accións porque di que persoal da asociación recolle voto delegado nas granxas para Dorado

09 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O veterinario Antonio Núñez Torrón é o eterno rival de César Dorado na presidencia as eleccións de Acruga. Nesta ocasión tamén se lle sumou un terceiro aspirante José Antonio Fernández. Núñez denuncia falta de transparencia no funcionamento da asociación e nas eleccións.

-¿Como se presenta a campaña?

-É unha campaña atípica que está condicionada porque hai traballadores de Acruga recollendo votos delegados nas explotacións para Dorado. Temos constancia de que teñen orde expresa do presidente. Entendo que deberían limitarse a facer o seu traballo e manterse neutrais.

-¿Vai tomar medidas? ¿De que tipo?

-O equipo de asesores está estudando que facer.

-¿Ten posibilidade de gañar?

-O que acabo de dicir é un problema grave que pode condicionar o resultado. De todas maneiras, nós temos moito apoio en voto presencial, como se demostrou hai catro anos nun enfrontamento directo con César Dorado, no que perdemos por 20 votos. Penso que os gandeiros son conscientes de que fai falta un cambio e o que Dorado non fixo en tres anos, non o vai facer a partir de agora. O seu ciclo xa rematou.

-¿Que lle critica a Dorado?

-Os resultados da raza e o descontrol da súa xestión. A raza está en situación alarmante. Pasouse de unha redución no número de animais inscritos no rexistro do 45% dende 2013 a 2017. Son datos oficiais. Non os invento. A raza está en recesión e o di o Ministerio de Agricultura. Como non se cambie a mecánica de traballo e se tomen medidas imos camiño do perigo de extinción.

-¿Por que di que hai descontrol?

-En decembro do 2017 máis de 1.000 reprodutores foron descualificados do rexistro principal porque non eran de raza rubia. ¿Por que se incorporaron eses exemplares? Por descontrol. Hai moitos exemplos pero un deles é que na nave de testaxe meteron un semental que estivo sete meses. Foi o concurso nacional de raza, non a unha feira de pobo, do 23 e 24 de xuño de 2017. Aprecióuselle unha mancha branca coma unha garabata. Pretendía subastalo, cando no podería nin entrar na nave de testaxe porque presentaba un defecto grave que saltaba a vista.

-¿Por que puido pasar iso? ¿Por descoñecemento?

-Non. Pasou porque miran para outro lado e porque o presidente non respecta as decisións técnicas. ¿Que habería que facer? Hai que recuperar o prestixio perdido. O gandeiro usa seme de outras razas porque a rubia non ofrece garantías. Xenéticamente non se avanzou. Ningún semental do derradeiro catálogo ten facilidade de parto superior ao 63%. É dicir, o 37% das vacas non paren sen asistencia técnica. Non hai ningún animal que teña facilidade de parto do 80%. Os gandeiros optan por usar outras razas para evitar problemas. O caso é que Acruga marca os descendentes como rubia e non toma mostras nin fai análise. Eses animais xa non deberían estar no rexistro. Cando se inscribe debe ser raza pura.

-¿Por que ocorre isto?

-Os controis aínda que se fixeran con rigor, a decisión a ten sempre o presidente, para quen os criterios técnicos non teñen valor, como pasou co semental con garabata. Cónstame que o viron antes, pero levárono a poxa igual. Non hai controis de calidade, verificacións nin seguimentos. Iso non pasa noutras razas.

-¿Que pensa que habería que facer para recuperar o prestixio que di que se perdeu?

-Hai que traballar con datos fiables, reais e contrastables, que non se fai. Un exemplo: a aplicación informática da páxina de Acruga non permite dar de alta exemplares de pesos superiores aos 60 quilos. Polo tanto, están traballando con datos que non son reais, están manipulados. Falta un seguimento e control nos animais que entran na nave de testaxe, que o fan polo pedigree do dono, non do animal. Así non imos a ningún lado. Iso sen falar do chamado «rabaño de xovencas de elite» do Centro de Recría.

-¿Que pasa co centro de recría?

-As xovencas non descenden dos mellores reprodutores da raza, como nos queren facer crer. Son femias de descarte, adquiridas a prezo de sacrificio.

-Isa é unha acusación moi grave que implica a Deputación...

-A Deputación mete as xovencas que lle da Acruga. Sei do que falo e defendo. É triste, pero real.

«O gandeiro usa seme doutras razas porque a rubia non ofrece garantías

no parto»

«Na nave de testaxe entran as reses polo pedigree do dono, non polo do animal»