A artista lucense presenta este martes na Librería Trama, ás sete, o poemario «Convulsións»
19 jun 2018 . Actualizado a las 22:23 h.Este martes, ás oito na librería Trama, presentarase o poemario «Convulsións», de Conchita Paz Montenegro. Na cita estará o autor do limiar, Manuel Celso Matalobos, ademais de Toño Núñez e Xulio Xiz.
Trátase do terceiro poemaria que edita a artista lucense e no que presenta 35 poemas en galego e 21 en castelán. «Os versos teñen que ver co propio título, as contraccións violentas e que non podemos dominar, como sacudidas do mar e da terra que implican unha explosión», explica a autora.
Montenegro sinala que hai poemas reivindicativos, recreacións ante a beleza, versos esperanzadores e outros de desencanto, poemas apaixoados e tamén instrospectivos. Hai tamén, explica a autora, versos referidos á vida cotiá da súa infancia, como a vendima. «En xeral, os versos son libres, xorden como lóstregos, con diferentes estados anímicos, pero tamén como sinala a dedicatoria do libro amósase o meu interese polos soños e pola liberdade», explica Conchita Paz Montenegro.
A autora afirma que os poemas son sinxelos, «sen rebuscamentos» e moi cercanos aos novos e ao seu sentido da xustiza. Montenegro ademais reivindica a función do cerebro fronte ao corazón: «O cerebro marca a nosa vida e o coñecemento do meu é unha temática presente nos versos, porque creo que ao corazón dáselle un significado que non ten, os sentimentos proceden do cerebro, non do corazón».
Influenzas
A poeta e artista lucense sinala que os poetas da xeración do 27 e especialmente Miguel Hernández, son os que máis lle gustan, pero tivo presente en «Convulsións» a Tagore: «Somos de pensamentos moi dispares, pero a maneira que ten de darlle importancia a aspectos pequenos e que parecen vulgares, fainos ter un punto de unión.