![](https://img.lavdg.com/sc/rWVjU1K5Gu-oytEEVJxeCtQdcpQ=/480x/2019/07/05/00121562323997581219765/Foto/cf273aeb-6446-41df-a7bf-5c5f7d4952ee.jpg)
O cabeza de lista do PSOE atopábase entre o público pero non chegou a tomar posesión da acta
05 jul 2019 . Actualizado a las 13:31 h.Antonio Gato volve ser alcalde de Monterroso, catro anos despois. Desta volta faino liderando unha candidatura independente, en vez de ao PSOE, ao que representou durante 16 anos. O rexedor obtivo o respaldo dos catro concelleiros do seu grupo. O cabeza de lista do PSOE, Rafael García Figueroa, atopábase no salón de plenos, pero non tomou posesión da súa acta e os socialistas non chegaron a someter ao seu candidato á votación para alcalde. Catro votos foron para Gato, tres para o PP e un para o candidato de Compromiso por Galicia.
Gato, que ao final estaba visiblemente emocionado, comprometeuse a gobernar con diálogo. Falou de tempos novos nunha corporación moi fragmentada. Comprometeuse a moito dialogo e asegurou ante un salón de plenos ateigado de veciños, que non se actuará sen previamente considerar as decisións cos demais partidos.
Gato desgranou os eixos sobre os que xirará o seu mandato: disciplina no gasto, disciplina no traballo e compromiso de que todo se traslade á cidadanía.