A música contemporánea revive en Lugo no ciclo MIHLSons

Laura López LUGO / LA VOZ

LUGO

Vertixe Sonora Ensemble cerrará el ciclo
Vertixe Sonora Ensemble cerrará el ciclo CEDIDA

Haberá concertos e charlas didácticas ata o 18 de decembro

24 nov 2021 . Actualizado a las 12:41 h.

O ciclo MIHLSons-XXI consolídase como cita de referencia para a música contemporánea, chegando este ano á súa novena edición, baixo a dirección artística e coordinación de Diego Ventoso. Ata o 18 de decembro haberá charlas didácticas e concertos no MIHL, agás a actuación da Banda Filarmónica de Lugo, que será no Auditorio Municipal Gustavo Freire.

O ciclo comezou esta fin de semana coa conferencia do percusionista Nuno Aroso e o concerto Vítreo-Baixo o signo do vidro. A clausura correrá a cargo o día 18 de Vertixe Sonora, que vén de converterse en delegación española da ISCM (Sociedade Internacional para a Música Contemporánea). A institución recoñece así dez anos de traballo e vocación pola nova música, situando por primeira vez a unha agrupación galega entre os afluentes principais de creación e promoción do patrimonio musical internacional.

O programa é o seguinte:

Domingo 28

· 17.30h. Charla didáctica a cargo de Sisco Aparici e Juanjo Llopico

· 18.30h. The falls fight, Synergein Project

Sábado 4

· 18.30h. Sólidos e líquidos II. Ixor, Cuarteto de Saxofóns; e Pablo Coello, dirección musical.

Sábado 11

· 18.30h. The Pawnshop. Banda Filarmónica de Lugo, con Iván Martínez na dirección

Sábado 18

· 18.30h. New Music, New Paths, con Vertixe Sonora

· 19.30h. Charla didáctica a cargo de Roberto Alonso