A poda do vimbio abre os cursos do Espazo Permacultural do paseo do Rato en Lugo

Laura López LUGO / LA VOZ

LUGO

Presentación do programa de actividades de Reque
Presentación do programa de actividades de Reque CEDIDA

O centro de Reque presentou a programación formativa e lúdica para todo o ano

20 ene 2022 . Actualizado a las 12:34 h.

O Espazo Permacultural Lugar de Reque, que a Vicepresidencia da Deputación promove no paseo do río Rato, na contorna do centro de cestería, presentou a súa programación con actividades formativas e lúdicas. O coordinador, o permacultor Alexandre Grande Babarro, sinalou «que as actividades se organizaron atendendo aos diferentes ámbitos de aplicación da permacultura (saúde, tecnoloxía, manexo da terra, construción, economía, educación e comunidade) e procurando unha aprendizaxe constante».

A primeira das actividades é unha xornada de poda e renovación das plantacións de vimbio que medran na finca, que se desenvolverá mañá. Está pensada para cesteiras e cesteiros profesionais e afeccionados, e colectivos educativos ou sociais interesados no vimbio, as súas aplicacións e o contacto coa natureza. Combinará teoría e práctica, e terá lugar en dúas quendas (10.00-13.30 e 15.00-18.30). Os interesados deben inscribirse en lugardereque@deputacionlugo.org ou no 681 01 35 23

O resto da programación:

Xaneiro-febreiro

Obradoiro de cosmética natural. Afondarase no uso dos recursos naturais para facer produtos de hixiene que coiden do entorno e da saúde: xabón sólido, aceite corporal de alove vera, dentífrico sólido ou desodorante sólido.

Obradoiro de consumo responsable. Impacto dos hábitos de consumo no medio ambiente, a saúde e o tecido social. Proporanse receitas con ingredientes saudables.

Botiquín familiar natural. Nocións básicas sobre coidados caseiros con métodos naturais.

Marzo-abril

Curso de estufas de barro de alto rendemento (dúas fases). Grandes rendementos enerxéticos sen contaminar nin esgotar recursos.

Maio-xuño

Curso de agricultura renexerativa. Técnicas e estratexias para facer un eficiente uso do solo na produción orgánica de alimentos.

Obradoiro de creación de espiral de aromáticas. Cultivo de plantas aromáticas e medicinais en espiral.

Obradoiro de hoteis de insectos.

Xullo-agosto

Primeiro Festival Eco Familiar Lugar de Reque. Roteiro guiado, arte e lecer para todas as idades.

Xornadas para a creación dun roteiro sensorial.

Setembro

Xornadas de Economía Social Lugar de Reque. Celebrarase un mercado de produtos locais e ecolóxicos e unha palestra sobre economía social.

Outubro- novembro

Bioconstrución.

Decembro

Xornada comunitaria. Ruta guiada.