Os intelectuales volver reclamar que sexa o cronista de Lugo
20 dic 2022 . Actualizado a las 11:23 h.O historiador lucense Adolfo de Abel Vilela entrou a formar parte do padroado do Museo do Pobo Galego o pasado sábado. Na reunión celebrada ese día polo padroado acordouse que o historiador lucense pase a formar parte deste órgano. A proposta presentouna o antropólogo natural de Lugo Xosé Manuel González Reboredo, profesor xubilado da USC que tamén forma parte do padroado, como responsable da sección de Etnografía.
O nomeamento de Adolfo de Abel produciuse despois de pechar a exposición de todas as súas publicacións, que se clausurou na Biblioteca provincial o pasado venres. Precisamente no acto de clausura participou o profesor González Reboredo, que foi un dos que fixo unha aproximación á figura de Adolfo de Abel.
Outro dos que participou na mesa redonda de peche foi o escritor Lois Diéguez, quen dixo que Adolfo de Abel debera ser nomeado xa hai tempo cronista de Lugo, porque é a persoa que reúne os méritos para ocupar ese cargo, que segue vacante, e que sería lóxico que o ocupase Adolfo. Tamén participaron nesa mesa redonda as xornalistas Dolores Cela e Carmen Uz, en representación respectivamente de La Voz de Galicia e El Progreso. Ambas falaron das moitas publicacións, investigacións e valores do historiador lucense.