![](https://img.lavdg.com/sc/KjqiG9NnaSVl7feF6mUX0oJUuEQ=/480x/2022/12/31/00121672500242816525389/Foto/i31d2047.jpg)
![Homenaje a Bernardo García Cendán en el décimo aniversario de su muerte](https://img.lavdg.com/sc/SNi_ab6NsmHnsmoVI1hsifhA32I=/480x/2022/12/31/00121672500243618744172/Foto/i31d2038.jpg)
![Homenaje a Bernardo García Cendán en el décimo aniversario de su muerte](https://img.lavdg.com/sc/Tji8vUOi1hGVQdtcXFM22SZmRDE=/480x/2022/12/31/00121672500242745557615/Foto/i31d2039.jpg)
![Homenaje a Bernardo García Cendán en el décimo aniversario de su muerte](https://img.lavdg.com/sc/z-GbBLcuhqXYwSXPD9A7qTbUKyI=/480x/2022/12/31/00121672500242059356843/Foto/i31d2043.jpg)
![Homenaje a Bernardo García Cendán en el décimo aniversario de su muerte](https://img.lavdg.com/sc/Ry-0sOMLTphVP511PnhJhJsWfD4=/480x/2022/12/31/00121672500241975734156/Foto/i31d2045.jpg)
![Homenaje a Bernardo García Cendán en el décimo aniversario de su muerte](https://img.lavdg.com/sc/U8A0JflbasV-NA8dTgPZF2kJ4Bg=/480x/2022/12/31/00121672500241163227420/Foto/i31d2042.jpg)
O profesor foi homenaxeado polo Instituto de Estudos Chairegos na praza de Santa María
31 dic 2022 . Actualizado a las 16:26 h.Bernardo García Cendán (1941-2012) está un pouco máis presente en Vilalba dende este sábado. O profesor foi lembrado polo Instituto de Estudos Chairegos (Iescha) na praza de Santa María, xunto á casa onde seu pai, Severino García, traballou de barbeiro.
No acto houbo versos, lidos por moitos dos presentes: participaron directivos do Iescha, comezando pola presidenta, Marisa Barreiro; pero tamén, entre outros, o deputado Martín Seco García, sobriño do homenaxeado, ou o coordinador da Asociación Cultural Xermolos, Alfonso Blanco.
No chan da praza colocouse unha pedra na que se gravaron unhas palabras de lembranza, obra do canteiro José Gómez de Bernardo, Pepón.
Bernardo García Cendán estudou no Seminario de Mondoñedo e despois foi párroco en Ferrol. Licenciado en Filosofía e en Socioloxía, foi tamén profesor da Universidade de Santiago de Compostela (USC) no campus de Lugo.
Participou na creación da revista "Encrucillada" e do colectivo "Irimia" e foi tamén un membro importante do Iescha.
Pasou boa parte da súa vida fóra de Vilalba; pero acabou volvendo e vivindo na capital da Terra Chá mentres foi profesor no campus de Lugo. Neses anos a súa presenza na vila, incluída a súa afección aos paseos nocturnos, non resultou allea aos vilalbeses.